martes, 24 de mayo de 2016

Bar Porto gañador da Liga de Fútbol Sala 2015/16


O equipo de Bar Porto proclamouse gañador da Liga de fútbol Sala de Negreira 2015/16, nunha trepidante final.

A pesar de quedar terceiros na fase regular o Bar Porto demostrou que nas finais e co equipo o completo, e un rival moi dificil e por segundo ano consecutivo gañou a Liga e será o representante de Negreira o vindeiro fin de semana en Tordoia na XIX edición do Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala.
Volvendo a final do pasado venres 20 de maio o equipo non o tivo facil contra o outro gran equipo, Viajes Sant Yago, que lle puso as cousas moi dificiles ata o final.
O partido púxose de cara para Bar Porto con dous goles en accións rápidas dos seus dianteiros, pero Sant Yago lograría marcar un gol e poñer en apretos o seu rival. O equipo de Santiago intentou empatar pero atopouse cun acertado porteiro e non foi capaz de perforar a rede...
Nos últimos minutos Bar Porto marcou dous goles máis e xa puso as cousas moi costa arriba para o seu rival que o final puido maquillar o tanteador final cun 4-2.

No partido polo terceiro e cuarto posto o duelo foi máis igualado se cabe, xa que Gasamáns demostrou o porque é o equipo menos goleado, e púxolle as cousas moi complicadas a O Noso Lar.
O marcador reflexou o final dos 40 minutos empate a 1, co que foron a prórroga, onde o equipo Verde tivo máis acerto de cara a meta e logrou impoñerse finalmente por 3 a 1.


XIX Torneo Intermunicipal de Futbol Sala:


Nesta edición o equipo que vai a representar a Negreira, quedou encadrado no grupo B cos equipos de Touro, Tordoia e Outes.
O primeiro partido será as 9:45 h contra Outes, as 11:15 h. contra Tordoia e as 16:00 h. contra Touro.
Esperemos que o equipo de Bar Porto poida chegar o máis lonxe posible e tentar acadar outro título para Negreira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada