miércoles, 18 de mayo de 2016

Todo listo para a Gran Final


As semifinais de fútbol sala da Liga do Concello de Negreira , celebrado o pasado luns 16 de maio, resultaron como se preveía moi igualadas e disputadas ata o final por os catro equipos inmersos nesta fase.

Por unha banda na primeira semifinal entre V. Sant Yago e  Casa Gasamáns o partido púxose de cara para S. Yago nos primeiros minutos collendo unha renda de 2-0 co que se chegou o descanso, na reanudación o equipo de Gasamáns apretou e puido primeiro acadar o primeiro gol, e máis tarde conquerir o empate a base dunha presión asfixiante.
O marcador chegou o remate dos 40 minutos con empate a dous co que se tería que ir a prorroga de 5 minutos, no cal apenas houbo ocasións, rematando o encontro co empate no electrónico.
Xa na tanda de penaltis a sorte acompañou o equipo de V. Sant Yago que despois dunha interminable tanda dende os 6 metros (chegáronse a lanzar 10 penas máximas), fíxose co paso á final.


Na outra eliminatoria entre o Bar Porto e O Noso Lar o equipo gañador o pasado ano; Bar Porto comenzou moi forte e tamén se adiatou por dúas veces no marcador, pero gracias o esforzo dos xogadores de Noso Lar puideron empatar e chegar con 2-2 o descanso. Xa na segunda metade a calidade dos primeiros impúxose á xuventude de O Noso Lar e o final o resultado sería de 6 a 3.

Copa fútbol sala 2016:


No hay comentarios:

Publicar un comentario