viernes, 18 de noviembre de 2016

Comenza a Liga de Fútbol Sala 2016/17


Despois de un mes de retraso no inicio da Liga de Fútbol Sala 2016/17 de Negreira, por mor de problemas co seguro deportivo que todo participante en Ligas non Federadas, deben de ter. O Concello puido conseguir os fondos necesarios, para poder sufragar os gastos do seguro de cada participante nesta edición da Liga, e finalmente podese comenzar a Liga.
Os equipos participantes este ano son:

1.- ASADOR VACAVELLA
2.- S.D. A BAÑA FEMININO
3.- CARPINTERÍA BARCALA
4.- MULTIÓPTICAS FAGÍN
5.- ATLÉTICO TROMPAS
6.- VIAJES SANT YAGO
7.- SC ALECRÍN
8.- RESTAURANTE DANTAÑO
9.- RESTAURANTE OREGAR
10.- CASA GASAMÁNS
11.- AUTOESCOLA ANTONIO
12.- CONSTRUCCIÓNS QUINTÁNS
13.- UNIÓN SOVIÉTICA
14.- RACING XABARÍN
15.- ANBORE COFEE-BAR
16.- MEDIA LÚA
17.- A BARCALESA
18.- BOTAS FUTSAL
19.- MADERAS JESÚS GÓMEZ

Todos os equipos teñen que cumplir os seguintes requisitos:
1.- Entregar a Folla de inscrición cos 12 xogadores co nome e apelidos, D.N.I., e data de nacemento para poder realizar o seguro, así como a fotocopia do DNI.
2.- Cada xogador terá que ter un número na camiseta que será o mesmo para toda a Liga.
3.- Os equipos teñen que ter a equipación completa, camiseta con números e pantalón curto.
4.- Recoméndase o uso de espinilleras, xa que evitan posibles lesións.
5.- Ata o terceiro partido se poden completar os 12 xogadores, que non poderán variarse ata que a organización o notifique.

Esperando que todo saía sen problemas, desexamos moita sorte a todos os equipos....



No hay comentarios:

Publicar un comentario