lunes, 6 de marzo de 2017

Aberto o prazo de fichaxes


Dende hoxe 6 de marzo ata o xoves 17 de marzo estára aberto o prazo de fichaxes para a Liga de Fútbol Sala 2016/17 do Concello de Negreira.

Durante este periodo os equipos poderán facer dúas incorporacións, sempre e cando non superen as 12 fichas. Os xogadores non poden ser futbolistas que competiran noutros equipos da Liga de Negreira esta tempada, e para dalos de alta terán que entregar a fotocopia do D.N.I. na mesa de Control.

Esta vai a ser a única oportunidade de fichar ata o final de Liga, polo que se recomenda ós equipos que fagan as incorporacións oportunas para poder sobrepoñerse as distintas lesións que están a sufrir moitos dos conxuntos.


- DATAS PARA FICHAR: 

LUNS 6 MARZO ATA XOVES 17 DE MARZO.

- NÚMERO DE XOGADORES:

2 FICHAXES MÁXIMO.

Por outra banda comunicar que xa están incluidos os partidos adiados no seu día pola condensación, no novo calendario de Liga. O primeiro dos partidos serán o 13 de marzo o resto de partidos foron incluíndose nos distintos días ata completar o calendario.

A partir de hoxe día 6 de marzo NON SE PODERÁN APRAZAR MÁIS PARTIDOS, debido a que temos que enviar a documentación dos equipos o Concello de Ordes o luns 22 de maio.

Para ver o NOVO CALENDARIO Pincha aquí.

MÁXIMO GOLEADOR:
1º.- Joaquín Becerra (Rest. Dantaño): 33 goles
2º - Alberto Freire (Maderas JG): 25 goles
3º.- Antonio Botana (Anbore Coffee Bar): 25 goles

EQUIPO MENOS GOLEADO:
1º.- Maderas Jesús Gómez: -12 goles
2º.- Restaurante Dantaño: - 15 goles
3º.- Viajes Sant Yago - 17 goles

No hay comentarios:

Publicar un comentario