lunes, 29 de mayo de 2017

Arzúa gañadora do XX Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala

(Maderas Jesús Gómez)

O equipo de Maderas Jesús Gómez volveu de Ordes, despois de representar a Negreira no XX Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala, cun sabor agridoce...
A pesar de estar nun grupo dificil, afrontaba o reto con optimismo e con gañas de chegar lonxe na competición, pero un primeiro mal partido deixounos con poucas opcións de clasificarse para as semifinais.
No primeiro partido contra o equipo do Concello de Santa Comba, que viña de perder 2-3 con Touro, o equipo de Negreira púxose por diante 1-0, pero o veterano equipo de Santa Comba pronto empataría o encontro e poríase por diante, demostrando que era un dificil rival.
Na segunda parte o equipo de Negreira tentaría marcar algún gol, pero os de Santa Comba lograrían marcar de novo e poría o partido moi costa arriba, finalmente impúxose 6-1.
Contra Touro só valía un resultado casi imposible, xa que tiñan que gañar por 9 goles de diferencia, e a pesar da complicación, estiveron a piques de conquerilo, xa que finalmente o resultado foi 9-1 para o equipo de Maderas JG.
Nas semifinais do Torneo enfrentáronse Santa Comba-Ordes e Frades-
Arzúa, na primeira eliminatoria, despois de chegar o final do tempo regulamentario 2-2, Santa Comba na tanda de penaltis acadaría o pase a final. Na outra eliminatoria Arzúa impúsoxe 3-1 a Frades nun partido moi igualado.
Na final o equipo de Arzúa demostrou ser o equipo máis forte e acabou gañando por 3-1 a un equipo de Santa Comba moi experimentado e combativo.
Temos que felicitar a todos os xogadores do equipo de Maderas Jesús Gómez e os seus colaboradores, pola gran tempada e Torneo Intermunicipal. Noraboa!!

XX TORNEO INTERMUNICIPAL DE FÚTBOL SALA - ORDES 2017

GRUPO 1:
TRAZO
FRADES
TORDOIA
ORDES

GRUPO 2:
SANTA COMBA
TOURO
NEGREIRA


GRUPO 3:
ARZÚA
VEDRA
TEO

1/4 DE FINAL:
TRAZO-FRADES: 1-5
TRAZO-TORDOIA: 7-6
FRADES-TORDOIA: 4-1
TORDOIA-ORDES: 0-5
FRADES-ORDES: 1-2
TRAZO-ORDES: 3-5

SANTA COMBA-TOURO: 2-3
SANTA COMBA-NEGREIRA: 6-1
TOURO-NEGREIRA: 1-9

ARZÚA-TEO: 2-1
ARZÚA-VEDRA: 2-1
VEDRA-TEO: 1-7

SEMIFINAIS:
SANTA COMBA-ORDES: 2-2 (Pasa a penaltis Santa Comba)
TRAZO-ARZÚA: 1-3

FINAL:
SANTA COMBA - ARZÚA: 1-3

No hay comentarios:

Publicar un comentario