lunes, 2 de octubre de 2017

Aberto o prazo de inscrición da Liga de Fútbol Sala 2017/18

Dende o martes 3 ó mércores 18 de outubro de 2017 está aberto o prazo de inscrición da Liga e Copa de fútbol sala de Negreira para a tempada 2017/18. Unha tempada onde se espera que haxa tantos equipos como a campaña pasada.

A idea da organización e a facer unha Liga cun máximo de 20 equipos, tendo prioridade os equipos que participaron o ano pasado. Os  días de competición son os luns, martes e xoves en horarios de 9:00 h, 9:45 h. e 10:30 h.

Como novidade, é debido a nova Lei do Deporte que obriga a estar asegurado para a práctica dun deporte organizado por un organismo oficial, cada xogador debe estar en posesión dun seguro que costa 38 €/xogador.
Este seguro será tramitado pola organización da Liga de Futbol Sala á Real Federación Galega de fútbol.

Todos os equipos teñen que facer efectivo o ingreso de inscrición de 270 €, no numero de conta: IBAN: ES33 / 2080-0305-01-3110000021 (ABANCA) antes do 18 de outubro.

*O custe para poder participar na Liga de Futbol Sala é de 270 €+38€/xogador.

A reunión cos equipos será o xoves 19 de outubro no Telecentro de Negreira (Na Casa de Cultura) as 21:00 h., nesta reunión hai que presentar a FOLLA DE INSCRICIÓN e o recibo de pago do Banco.

Esperamos ter unha tempada chea de éxitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario